BAIONA (PONTEVEDRA), 21 (EUROPA PRESS)
O xurado da V edición do Premio de Traducción que convoca a Fundación Plácido Castro, reunido hoxe na vila pontevedresa de Baiona, decidiu, por unanimidade, conceder o galardón ex aequo a Fernando Pérez-Barreiro Nolla e Iolanda Galanes Santos.
O galardón foille concedido a Fernando Pérez-Barreiro Nolla pola tradución de 'Breviario do pensamento clásico chinés', mentras que a Iolanda Galanes Santos se lle recollece a tradución de 'A herdanza dos caracteres adquiridos', de Michel Delsol. O xurado do Premio de Tradución Plácido Castro destacou a calidade das obras premiadas.
Igualmente, o xurdado declarou como finalistas, a Ramón Iglesias Míguez, pola tradución de 'A Casa de veraneo de Kneller', de Ha-Kaitanah Shel Kneller , primeira tradución do hebreo ao galego; e a Xoán Garrido Vilariño, pola tradución de 'Historia de Shoah', de Georges Bensoussan.
Nesta quinta edición o xurado estivo presidido por Francisco Fernández Rei (Real Academia Galega) e integrado por Xosé María Gómez Clemente (Asociación de Traductores Galegos); Xulián Maure (Fundación Plácido Castro); Auria Fernández Rodríguez (Universidade de Vigo); Carlos Arias Iglesias (Xunta de Galicia); e, como secretaria María del Mar Gómez (IGADI).
ENTREGA O 28 DE XANEIRO
É a terceira vez que se falla ex aequo este Premio, dotado con 3.000 euros e único no seu tipo en Galicia. O premio será entregado o próximo 28 de xaneiro en Cambados, vila onde faleceu Plácido Castro.
A Fundación 'Plácido Castro', integrada polo Instituto Galego de Analise e Documentación Internacional (IGADI) e os concellos de Cambados y Vilagarcía de Arousa, convoca premio desde o ano 2002, co obxectivo de promocionar a obra dos traductores galegos.
Igualmente, a Fundación convoca a VII Conferencia Anual Plácido Castro que se celebrará no Clube Internacional de Prensa da capital galega o próximo 25 de xaneiro, coincidindo co natalicio do autor, para abordar o panorama da prensa galega en tempos de Plácido Castro, da man de Luís Álvarez Pousa, profesor da Universidade de Santigo de Compostela (USC) e membro do Consello Asesor do IGADI.