Letras Galegas.- Quintana celebra a data cos nenos da escola infantil de Oroso (A Coruña) e lendo un conto en galego

Actualizado: martes, 16 mayo 2006 18:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 May. (EUROPA PRESS) -

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, acudiu hoxe a Oroso, donde celebrou o Día das Letras Galegas cos nenos e nenas da escola infantil desta localidade coruñesa. Así, estreouse no papel de contacontos ante un auditorio de rapaces de 2 a 3 anos, aos que lles leu a historia da cebra Camila.

"Alá no cabo do mundo, no país onde o vento dá volta, vivía unha pequena cebra chamada Camila", así comeza a historia que hoxe lles contou o vicepresidente da Xunta aos nenos e nenas da escola infantil de Sigüeiro, en Oroso.

Quintana leu con galego teatral o conto de Camila, que por mor do vento revirado perdeu o seu vestido de raias. Os nenos non perderon detalle do relato sobre como a coitadiña cebra, coa axuda desinteresada dos seus amigos, conseguía facerse un novo traxe de raias a base de franxas de arco iris, cordas de violín, fitas do pelo e aneis de prata.

O vicepresidente da Xunta no dubidou en deixar de lado garabata e oficialidades nesta adaptación infantil do Día das Letras Galegas. Quintana atendeu así a espontaneidade dos 50 pícaros que asisten a esta escola infantil en Sigüeiro. E por iso a visita ao centro que realizou o responsable da Igualdade e do Benestar da Xunta, rematou con Quintana polo chan, regadeira en man, coidando cos rapaces a horta que cultivan no recinto da escola.