Letras Galegas.- Sada celebra mañá diversas actividades para homenaxear a Manuel Lugrís, nado neste concello

Actualizado: viernes, 12 mayo 2006 20:11

A CORUÑA, 12 May. (EUROPA PRESS) -

O Concello de Sada (A Coruña) celebrará mañá sábado diversos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas como anticipo ao acto central que se celebrará o día 17 nesta localidade, onde naceu o homenaxeado deste ano, Manuel Lugrís Freire.

Así, segundo informou hoxe o Concello, o sábado haberá unha xornada de teatro na Casa da Cultura "Pintor Llorens", a partir das 20.30 horas, donde o grupo de teatro aficionado "Teatro Artesano", representará a obra "O Pazo". Esta obra de Lugrís recrea dos historias sentimentais tendo en conta a Sada como escenario.

Neste Concello, o vindeiro 17 de maio a Real Academia Galega celebrará o acto central do Día das Letras Galegas. Así, o Auditorio Museo Carlos Maside acollerá a sesión plenaria extraordinaria e pública coa que a Academia conmemorará a data adicada á literatura e lingua galega.

Está previsto que o acto comence ás 12.30 horas coas intervencións dos académicos Xosé Luis Axeitos Agrelo, Xosé Neira Vilas e Xesús Ferro Ruibal. O presidente desta institución, Xosé Ramón Barreiro, pechará o acto.

Lugrís naceu nesta localidade coruñesa o 11 de febreiro de 1863 e morreu o 15 de febrerio de 1940 na cidade da Coruña.O plenario da Real Academia Galega, reunido o pasado 2 de xullo de 2005 na Coruña en sesión ordinaria, acordou dedicar este ano esta data conmemorativa a Manuel Lugrís Freire pola súa contribución en defensa do idioma galego.