Marisol López afirma que o BNG que participa no deseño da política lingüistica ao estar na comisión de impulso do PXNLG

Asegura que o Programa Operativo para executar o plan en 2006 foi "consensuado" polo BNG e o PSdeG nunha comisión que traballa con ela

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 3 mayo 2006 18:32

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 May. (EUROPA PRESS) -

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, declarou hoxe que entende que o BNG forma parte do goberno da Xunta e que "participa" do deseño das políticas a prol da lingua que se poñen en marcha a partir da aplicación do previsto no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG).

Tras asinar hoxe en Santiago un convenio de colaboración co seu homólogo da Generalitat de Cataluña, Marisol López respondeu ás preguntas dos xornalistas sobre un posible xiro na política lingüística que está a desenvolver a Xunta de Galicia, tal e como demandan a Mesa pola Normalización e o propio BNG apelando á execución das medidas do PXNLG, sobre todo no eido do ensino.

Así, puntualizou que o PXNLG foi aprobado polo Parlamento galego no 2004, "pero sen orzamento e sen temporalización das medidas". Por iso, explicou que cando chegou o novo goberno da Xunta "se puso a traballar nese plan" e que o que se fixo foi "temporalizar e organizar" as medidas a desenvolver.

Marisol López afirmou que o Programa Operativo para executar o PXNLG en 2006, que ela mesma presentou o pasado mes de febrero nunha comparecencia parlamentaria, "foi consensuado" na comisión de seguemento do devandito plan, da que forman parte dous representantes propostos polo BNG e outros dous polo PSdeG. "Estamos aplicando o plan, esa é realmente a realidade", declaró a secretaria xeral de Política Lingüística.

"ALGUNHA DISCREPANCIA"

Ante as críticas das que está a ser obxecto por parte do BNG, lembrou que a formación nacionalista forma parte do Gobierno galego e que entende que, polo tanto, "no deseño da polítia lingüística a partir do plan traballa conmigo". Insistiu en que na comisión de seguemento do PXNLG o BNG está representado e sinalou que "pode haber realmente discrepancias de algún dos membros dese partido", pero que "entende que forman parte do mesmo goberno".

En canto a actitude que mantén a Mesa pola Normalización Lingüística contra o seu departamento e a súa persoa, Marisol López opinou que "desde o primeiro momento e, incluso, antes do seu nomeamento" esta organización está "atacándoa, case con insultos".

Nembargantes, limitouse a dicir que "non vai facerlle nin moito caso nin contestarlle" e insistiu en que o seu departamento "está traallando no desenvolvemento do PXNLG" e que "trata de situar ao galego como lingua habitual" en distintos eidos da sociedade.

Contenido patrocinado