O pianista galego Abe Rábade presenta hoxe o seu novo disco no Teatro Principal de Santiago

Actualizado: domingo, 4 junio 2006 12:33

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Jun. (EUROPA PRESS) -

O pianista compostelano Abe Rábade, un dos pioneiros do jazz galego, presenta hoxe un novo disco, nun evento previsto para as 21.00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

O concerto de presentación do novo traballo, respaldado polo Concello de Santiago e pola Xunta, introducirá ao público no mundo que alberga 'Playing on light', de Abe Rábade.

O propio músico explicou que o seu traballo non é convencional, senón que mestura varias disciplinas, como a poesía da súa irmá, María do Cebreiro, e as fotografías de diferente autores como Ralf Gibson, Donna Ferrato e outros.

O artista celebrou poder ter o proxecto pechado, despois de varios anos no camiño, e asegurou sentirse "moi feliz" de poder presentalo na súa cidade.