PONTEVEDRA 7 Jul. (EUROPA PRESS) -
O pintor ourensán Anselmo Iglesias Diéguez exporá desde hoxe no Castelo de Soutomaior, dependente da Deputación de Pontevedra, as súas obras dentro dunha mostra que se poderá visitar ata o vindeiro 22 de xullo.
Ademais de ter participado nunha variedade de exposicións colectivas e outras tantas individuais por toda a comunidade galega, nalgún punto de España e Portugal, Anselmo Iglesias mostrou recentemente a súa obra na Feira de Arte de La Haya.
Varias das súas mostras forman parte do Fondo Patrimonial da Fundación Andrea Gómez para a Parálise Cerebral, do Centro Cultural da Deputación de Pontevedra, do Instituto Ourensán de Desarrollo, de Caixanova, no Barco de Valdeorras, do Concello de Vilagarcía, do Club Financiero de Vigo, do Club Unesco, Edificio Principal de Correos e Delegación Provincial da Consellería de Sanidade en Ourense. Asemade, foi seleccionado pola Bienal Internacional de Arte en Vilanova de Cerveira, Portugal, no ano 2003.
A súa obra e a súa persoa son, segundo Francisco Pablos, da Real Academia de Belas Artes, "unha multidisciplinar escola de arte e oficios". O escritor, Javier Morais Gallego destaca a explosión de luz e color, mentras que o artista plástico Manolo Zapata recalca que "prescinde de todo o realismo barato, creando pintura con independizada expresividade" e Xaime Quessada ve a súa pintura coma "unha prima lexana do pop-art e cuñada do minimalismo conceptual, nin figurativa nin abstracta".