A presidenta apela aos deputados a que tras o 20N "a cortesía e a concordia" volvan ao hemiciclo

La presidenta del Parlamento de Galicia, Pilar Rojo.
PARLAMENTO DE GALICIA
Actualizado: jueves, 3 noviembre 2011 18:10

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Nov. (EUROPA PRESS) -

A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, apelou este xoves aos deputados a que cando se volva reunir o pleno da Cámara, "a cortesía e a concordia" retornen ao hemiciclo.

Foron as súas palabras antes de levantar a sesión plenaria, que como é habitual en época electoral, non retomará o seu labor ata pasados os comicios do 20 de novembro, o que, precisamente, motivou que se adiantase a esta semana o pleno celebrado este mércores e o xoves.

"O único que pido e desexo é que, a partir do próximo pleno, a cortesía e a concordia volvan presidir estas sesións", manifestou Pilar Rojo antes de levantar a sesión que concluíu arredor das 16.00 horas deste xoves en que, cando se cumpra a media noite, arrancará a campaña electoral.

Esta petición, ademais, prodúcese despois de que a sesión se celebrase nun ambiente de tensión a un lado e outro das bancadas, co seu máximo expoñente no cruzamento de acusacións polas operacións Arena e Campeón durante os cara a cara do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e os máximos responsables da oposición, Pachi Vázquez (PSdeG) e Carlos Aymerich (BNG).