SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Feb. (EUROPA PRESS) -
O Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a partir de mañá un ciclo de cine solidario baixo o nome 'Oito olladas para o milenio' dentro das actividades para facer chegar os obxectivos asinados na 'Declaración do Milenio' e concienciar á sociedade na loita contra a pobreza.
Segundo explicou hoxe o director xeral da Coordinadora Xeral Galega de ONGs para o Desenvolvemento, Xosé María Torres Bouza, os obxectivos asinados por un total de 189 xefes de estado de todo o mundo, constitúen un conxunto de "metas cuantificables" que permitirán aos gobernos calibrar os seus esforzos.
A 'Declaración para o Milenio' marcouse, segundo Torres Bouza, uns obxetivos que non prentenden erradicar os problemas, senón que se trata de establecer medidas para que se vaian cumplindo; "ao contrario que en anteriores ocasións", engadiu.
Así, entre os obxectivos de desenvolvemento do Milenio, atópanse erradicar a pobreza extrema e a fame, acadar a educación primaria universal e promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller. Ademais, tratarase de reducir a mortalidade infantil; mellorar a saúde materna; combater a SIDA e o paludismo; garantir a sostenibilidade ambiental e fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.
CULTURA AO SERVICIO DA SOCIEDADE
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura de Santiago de Compostela, Néstor Rego, expresou o seu "orgullo" na presentación do ciclo de cine que se desenvolverá nun espazo cedido polo concello para poñer "a cultura ao servicio da solidariedade"
Asemade, recordou que o Concello xa apoiou outras iniciativas promovidas por distintas organizacións como o ciclo de cinema para a recuperación da Memoria Histórica organizado por Anmistía Internacional o pasado mes de xaneiro.
Así, Rego destacou que a través deste tipo de programas desperta as inquietudes da xente, e polo tanto, é posible "facer outras cousas" para que a sociedade se achegue a esta problemática do mundo.
A directora xeral de Cooperación Exterior da Xunta, Fabiola Sotelo, apostou na roda de prensa por fomentar a "sensibilización e a educación social para o desenvolvemento" no traballo de loita contra a pobreza.
INCREMENTO ORZAMENTAL DO 44%
Así, Sotelo salientou que "precisamente" os orzamentos de la Xunta que máis medran no ano 2006 son os dedicados a estas actividades, o que supón un incremento este ano dun 44 por cento.
Ademais, engadiu que os obxectivos recollidos no 'Pacto do Milenio' refórzanse "mutuamente" e representan un pacto global entre todos os países, "ricos e pobres", baseado na responsabilidade mutua de construír un mundo "máis seguro, próspero e equitativo" antes de 2015.
CICLO
O ciclo de cinema comezará mañá coa proxección de 'O pesadelo de Darwin' ás 21.00 horas, cuxo precio é de dous euros. Ademais, ás 23.00 horas os espectadores poderán acudir ao visionado de 'Nin un menos', nesta ocasión coa entrada de balde.
O ciclo que se desenvolverá entre os días 9 e 12 de febreiro acollerá, en total, oito proxeccións que cosntitúen unha película de animación, tres documentales e catro dramas.
As entradas terán un custe de dous euros, á excepción de tres proxeccións que serán de entrada gratuita. A recaudación estará destinada á difusión da campaña de 'Pobreza Cero', organización que loita "polo cumprimento dos compromisos" dos líderes mundiais.