Un total de 35 veciños de Oleiros (A Coruña) participarán hoxe na décima rota de sendeirismo de Servicios Sociais

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 30 agosto 2006 11:53

A CORUÑA 30 Ago. (EUROPA PRESS) -

Un total de 35 veciños, maiores de 60 anos e residentes nas parroquias de Serantes, Maianca, Dexo e Dorneda, pertencentes ao concello de Oleiros (A Coruña), participarán hoxe na décima rota de sendeirismo 'Cova da Serpe', incluída no programa 'Ven e Descubre' de Servicios Sociais.

A actividade consistirá na realización dun percorrido de dez quilómetros de distancia por distintos sendeiros e camiños da montaña da Cova da Serpe, a serra onde nacen os ríos Tambre e Mandeo. Esta zona acada altitudes de 600 metros e atópase repleta de "turbeiras" pequenas e grandes depósitos de auga con vexetación particular e curiosa que descubrirán e estudiarán o longo da viaxe.

Os participantes tamén terán a posibilidade de observar curiosas prantas como a rorella ou Drosera, especie carnívora de pequeno tamaño que ata hai poucos anos eran recollidas para uso mediciñal. O camiño discorre entre repoboacións de piñeiros de distintas especies administradas polas Comunidades de Montes locais, que recentemente aproveitan un novo recurso do monte, as setas.

Na rota tamén coñecerán os recursos da serra, o gandeiro, con greas de cabalos no monte e outro gando, especialmente vacas que pastan preto das aldeas tentando atopar as pegadas de habitantes que nela viven como o Lobo ibérico e o Corzo e Xabarín. Finalmente, está previsto achegarse ós camiños e rúas de Sobrado dos Monxes para visitar o Mosteiro e a Lagoa.

Contenido patrocinado