SANTIAGO DE COMPOSTELA 13 Oct. (EUROPA PRESS) -
Un total de trinta familias do concello ourensano de Allariz iniciarán o próximo mércores a campaña 'A Aposta 2008', organizado pola asociación ecoloxista Amigos da Terra e dirixida a conseguir aforrar un cinco por cento do consumo habitual de enerxía, auga e transporte.
Este proxecto, financiado polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, forma parte dunha rede estatal coa que Amigos da Terra e outros colectivos ecoloxistas pretenden reunir un total de 350 fogares.
As vivendas realizarán un control de consumos a medida que van aplicando as medidas de aforro de enerxía que lle facilitarán as asociacións ecoloxistas. O obxectivo desta iniciativa é realizar un seguimento, para ver como diminúe o consumo enerxético nos fogares e extraer conclusións que permitan axudar a aforrar enerxía.