A empresa de Lugo Menus.es, primeira plataforma para buscar restaurantes e menús de toda España

Actualizado: martes, 22 febrero 2011 18:51

LUGO, 22 Feb. (EUROPA PRESS) -

A empresa de Lugo Menus.es converteuse na primeira plataforma para buscar restaurantes e menús de toda España, a través dun sistema de geolocalización, tanto a través dun portal web, coma de telefonía móbil con sistema Android.

Esta empresa xa leva funcionando varios meses, pero este martes presentouse publicamente. O socio promotor, Roi Correa, asegurou que "a día de hoxe en España non hai nada igual".

A través da plataforma, os interesados poderán localizar os restaurantes do seu ámbito, coñecer os seus menús e prezos actualizados, e mesmo realizar unha busca en función dun prato determinado.

Ademais, os menús poderanse dispoñer en distintas modalidades, como cociña rápida, degustación ou pratos do día. Á súa vez, os promotores desta empresa precursora fixaron vales desconto con varios restaurantes e dúas cadeas nacionais, que se poden descargar e cambiar á hora de pagar.

Roi Correa comentou que aínda "hai cousas que mellorar", pero a pesar de tratarse dunha iniciativa recente, tiveron días con máis de 5.000 visitas. "Isto é moito para unha web", sentenciou.