Aviso no litoral galego para o 17 de xaneiro.
METEOGALICIA
Actualizado: miércoles, 17 enero 2018 10:21

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel vermello no litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) sinala que a partir das 12,00 horas deste mércores espérase mar combinada do noroeste con ondas entre oito e nove metros, no noroeste e oeste da provincia da Coruña e en todo o litoral lucense.

No resto do litoral galego, engade Vicepresidencia, mantense a situación de alerta laranxa con mar combinada do noroeste con ondas que poden superar o sete metros.

Por iso, a Xunta lembra á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompientes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos e vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e xanelas.

Más noticias