O 6,2% dos ocupados galegos traballa en sectores de tecnoloxía alta, que xeran o 5% do VAB de Galicia

O CES recoñece o avance de Galicia en I D, pero advirte de que España e a UE camiñan a maior velocidade

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 5 diciembre 2008 15:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Dic. (EUROPA PRESS) -

A proporción de persoas empregadas en sectores de alta e media alta tecnoloxía sobre o total de ocupados en Galicia ascendía ao 6,2 por cento, un 1,1 puntos por baixo da media de España, segundo o último dato coñecido, do ano 2006.

Así se recolle na Memoria sobre a Situación Económica e Social en 2007, elaborada polo Consello Económico e Social (CES) de Galicia e presentado hoxe, que recolle que o valor engadido bruto (VAB) xerado polos 1.242 establecementos englobados nos sectores manufactureros de alta e media tecnoloxía, oito máis que o ano anterior, creceu un 18,6 por cento respecto de 2005, situándose nos 2.058,1 millóns de euros.

Tendo en conta que no conxunto do Estado o VAB nas industrias manufactureras de alta e media tecnoloxía creceu un 8,1 por cento, o peso relativo do VAB xerado na Comunidade galega en 2006 por estas empresas ascende ao 5%, catro décimas máis que o ano anterior.

O presidente do CES, Pablo Egerique, recoñeceu que Galicia incrementou en máis dun 10 por cento en 2007 o seu gasto en I D, pero apuntou que aumentou a brecha co Estado no que se refire a esforzo investidor.

GALICIA NON CONVERXE EN I D

Así, segundo os datos de 2006, Galicia dedicou o 0,89 por cento do seu PIB a esas actividades, lonxe do 1,2 por cento da media española e do 1,84 da europea. Ademais, Egerique engadiu que mentres a comunidade avanzou seis centésimas no seguinte ano, ata o 0,95, no Estado fíxoo en sete, ata o 1,27 por cento.

No último ano Galicia situouse como a oitava comunidade autónoma coa maior importancia relativa do gasto público en I D, por detrás de Estremadura, Baleares, Canarias, Andalucía, Cantabria, Comunidade Valencia e Murcia.

O traballo do CES tamén apunta que, con datos de 2006, o gasto interno por habitante e en termos de persoal ocupado en Galicia representa o 62 e o 86,8 por cento da media española, respectivamente. Así mesmo, o gasto en I D por investigador supón nesta autonomía o 84,9 por cento da media estatal.

Contenido patrocinado