Caixa Galicia pon en marcha a súa segunda oficina móbil que lle permitirá chegar máis zonas sen sucursal

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 6 octubre 2008 16:25

SANTIAGO DE COMPOSTELA 6 Oct. (EUROPA PRESS) -

Caixa Galicia anunciou hoxe a posta en marcha da súa segunda oficina móbil, o que lle permitirá chegar a máis zonas nas que non dispón de sucursal física e estar en disposición de prestar os seus servizos a case todos os municipios da comunidade.

Segundo informou a entidade financeira, as oficinas móbiles de Caixa Galicia facilitan o acceso aos servizos bancarios a persoas con problemas de mobilidade ou poboacións con dispersión xeográfica.

As unidades prestan servizo de forma periódica nos municipios nos que non hai oficina fixa, así como naqueles eventos nos que se require reforzar este servizo, como feiras, festivais ou eventos deportivos.

Estas sucursais prestan todos os servizos das oficinas urbanas, tales como ingresos, reintegros, domiciliacións, empréstitos ou depósitos.

A rede de Caixa Galicia conta con 910 oficinas, das que o 48 por cento se atopan fóra desta autonomía. Actualmente a caixa dispón de oficinas operativas en Xenebra, Portugal (sete) e Miami, ademais de estar presente en México, Reino Unido, Francia, Panamá, Arxentina, Brasil e Venezuela. Durante o ano 2008, inauguráronse 24 novas oficinas e centros de empresas.

A rede de oficinas compleméntase cunha plataforma multicanle: a banca electrónica, que utilizan 550.000 clientes, a oficina virtual 'On Caixa Galicia', que superou os 750 millóns de volume de negocio, ou os servizos financeiros a través de móbiles.

Contenido patrocinado