O Centro Tecnolóxico Aimen acolle a presentación da Plataforma Tecnolóxica Española do Aceiro

Actualizado: martes, 21 octubre 2008 18:59

VIGO, 21 Oct. (EUROPA PRESS) -

O Centro Tecnolóxico AIMEN acolleu hoxe, nas súas instalacións do Porriño (Pontevedra), a presentación en Galicia da Plataforma Tecnolóxica Española do Aceiro, Platea, nun acto presidido polo director xeral de I+D+i, Salustiano Mato.

Esta plataforma, na que se integra o Centro Aimen, ten como principais obxectivos contribuír ao desenvolvemento do sector de acordo con estratexias de sostenibilidad, potenciar novos produtos con tecnoloxía propia, e establecer un "ámbito de cooperación fluída" entre o sistema ciencia-tecnoloxía, o tecido empresarial e as Administracións, co fin de establecer liñas de investigación encamiñadas a crear valor engadido.

Platea ten o seu traballo estructurado conforme a unha Axenda Estratéxica de Investigación, en seis comités técnicos: innovación, que estuda a "fabricación intelixente"; automoción, que aborda a fabricación de produtos con menor consumo de combustible; enerxía, que explora novas formas de transporte para o gas e o petróleo; medio, que estuda o aproveitamento óptimo das materias primas e a enerxía; construción, que traballa na busca de solucións modulares de aceiro; e o recursos humanos, que quere converter os profesionais do sector en "traballadores do saber".

A industria do aceiro dá traballo en España ao 2,2 por cento da poboación activa e supón o 3,4 por cento das exportacións. A súa importancia en sectores como a construción, transporte ou enerxía, ou a relevancia da I+D+i, evidénciase no feito de que o 50 por cento dos aceiros que se utilizan hoxe en día ou existían hai dez anos, como por exemplo, a chapa de aceiro que se emprega na industria do automóbil.