O centro tecnolóxico Gradiant organiza actividades para "achegar a ciencia" aos mozos

Actualizado: viernes, 23 octubre 2009 23:03

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Oct. (EUROPA PRESS) -

O centro tecnolóxico de telecomunicacións de Galicia Gradiant organiza un certame de relatos curtos sobre ciencia ficción e unha charla demostración sobre videoxogos feitos na comunidade coa finalidade de "achegar a ciencia aos mozos".

Segundo destacou a organización nunha nota de prensa, "a xulgar pola baixa matriculación na rama tecnolóxica do bacharelato nos últimos anos, os novos galegos aínda manteñen o prexuízo de que a ciencia e a tecnoloxía son aburridas".

Por iso, ademais destas actividades, Gradiant ofrece visitas guiadas ás súas instalacións, "para que os rapaces poidan ver que é un centro tecnolóxico e ter contacto directo cos investigadores", resaltou.

Así, o I Certame de relatos curtos de ciencia ficción abriu o prazo para enviar traballos coa temática 'A túa escola do futuro', no que os estudantes deben enviar un conto no que sinalou que deben aparecer "innovacións científico-técnicas aplicadas á educación e a escola".

Pola súa banda, a charla-exhibición sobre a creación de videoxogos por unha empresa galega --especialmente para a plataforma Wii-- incluirá demostracións prácticas e información sobre os estudios necesarios para dedicarse a este sector. A xornada desenvolverase na Escola de Telecomunicacións de Vigo.