A creación de INIBIC sitúa ao Juan Canalejo na vangarda da investigación Biomédica

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 19 junio 2008 18:54

A CORUÑA 19 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Hospital Universitario Juan Canalejo da Coruña situouse hoxe na vangarda da investigación biomédica tras a presentación do Instituto de Investigación Biomédica (INIBIC). Un centro que ten como finalidade a creación dun marco de colaboración estable que integre a investigación básica e clínica desenvolvida no ámbito xeográfico da influencia do proxecto.

O novo centro terá como obxectivos principais o desenvolvemento de proxectos de investigación básica, clínica e transnacional, "orientados á mellora da saúde dos pacientes", tan como apuntou Francisco García Blanco, coordinador de Investigación do Juan Canalejo. Trátase pois de crear avances, e que se poidan trasladar coa maior rapidez posible ao conxunto da sociedade para a súa mellor calidade sanitaria.

Froito de dez anos de traballo, o INIBIC supón para o hospital coruñés "colocarse entre os centros máis importantes dentro da biomedicina e da investigación dentro e fóra de España" subliñou José García Buitrón, xerente do Juan Canalejo. Sen dúbida, un paso máis na defensa por parte do hospital da investigación como piar básico para do desenvolvemento profesional, sanitario e social.

Co respaldo da Universidade da Coruña, e con máis de 150 profesionais traballando nel, o novo instituto de investigación contará con 4,5 millóns de euros de presuposto para este ano. Unha cantidade que lles permitirá aos responsables mellorar a estrutura en Bioinformática e en enfermaría, campos nos que Francisco Blanco considera que "hai menos avances que noutros".

Contenido patrocinado