O CSIC coordina 'Divulgamar', un proxecto adicado a achegar a investigacion mariña á sociedade galega

Actualizado: lunes, 16 abril 2007 20:55

SANTIAGO DE COMPOSTEla, 16 Abr. (EUROPA PRESS) -

O Instituto de Investigacións Mariñas (centro do CSIC en Vigo) coordina 'Divulgamar', un proxecto dedicado á difusión da investigación mariña en Galicia. A iniciativa pretende espertar a curiosidade polas ciencias mariñas, así como dar a coñecer todas as actividades de divulgación sobre o mar organizadas na comunidade.

O proxecto conta cunha páxina web (www.divulgamar.es) na que os visitantes poden consultar información sobre talleres, charlas e todo tipo de actividades divulgativas. Aínda que non se dirixe exclusivamente a ela, a páxina presta especial atención á comunidade educativa. Baixo o epígrafe de 'Ciencia na escola'', os docentes atoparán información sobre actividades de divulgación para escolares e materiais educativos para usar en clase.

As primeiras unidades didácticas, elaboradas por científicos e profesores, versarán sobre o cultivo do mexillón en Galicia. Con iso preténdese "levar as ciencias e tecnoloxías mariñas dos centros de investigación aos de ensino", en palabras de Luisa Martínez, unha das responsables de 'Divulgamar'.

Outras seccións da páxina son 'Noticias', coas últimas novidades do proxecto; 'Divulga-prensa', que recolle as noticias relacionadas co mar aparecidas nos medios de comunicación; y '¿ Tes un minuto?', rápida enquisa deseñada para coñecer a percepción social das ciencias e tecnoloxías mariñas entre os visitantes.

MADRID É CIENCIA

A posta en marcha da páxina coincidía coa participación do Instituto de Investigacións Mariñas na VIII Feria Madrid é Ciencia, celebrada esta fin de semana. O Instituto convertíase así no primeiro centro do consello que participa nesta feira -un dos máis importantes eventos españois de divulgación- sen ser da comunidade de Madrid.

Os miles de visitantes que pasaron polo stand do centro puideron aprender sobre os distintos tipos de cefalópodos, observar cortes histolóxicos de gónadas, entender o funcionamento dunha botella oceanográfica ou coñecer algún dos segredos da lura xigante. Todo iso de forma gráfica e interactiva, con pósteres e vídeos e sempre en compañía dos investigadores do centro. l centro.