A empresa galega BlueMobility presenta en Madrid a primeira rede de España de recarga de vehículos eléctricos

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 21 mayo 2010 20:39

SANTIAGO DE COMPOSTELA 21 May. (EUROPA PRESS) -

A empresa galega BlueMobility Systems, con sede en Vigo, presentou hoxe no Salón Internacional do Automóbil Ecolóxico e a Mobilidade Sostible (Madrid), a primeira rede intelixente de recarga de vehículos eléctricos desenvolvida en España mediante a estrutura de redes locais.

Esta rede de proximidade está organizada xerárquicamente a partir de puntos xeográficos estratéxicos e baséase nunha central de control xunto á cal se expanden diversas redes locais.

No horizonte de 2017 estímase alcanzar a cifra de 40.000 puntos de recarga vendidos, o que equivalería a unha facturación de ao redor de 25 millóns de euros. Así mesmo, espera aumentar tamén a xeración de emprego ata superar nese mesmo ano o medio centenar de traballadores.

En concreto, cada punto de recarga ten a capacidade mínima de subministrar enerxía, en calquera tipo de aparcamento, suficiente como para percorrer uns 150 quilómetros en función de cada batería.

Neste sentido, BlueMobility encargarase da fabricación, comercialización e xestión dos dispositivos que compoñen a rede, concibida para cumprir os requisitos de interactividade ao mínimo custo.

Nesta cita participaron o director xeral de Enerxía, Industria e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, así como o presidente de Buemobility, Alberto Casal, e o conselleiro delegado da empresa, Bartolomé Campins.

Contenido patrocinado