A empresa nacida na USC 'Nanogap' convértese en pioneira mundial na aplicación industrial nanotecnológica

Actualizado: lunes, 13 agosto 2007 19:16

SANTIAGO DE COMPOSTEla, 13 Ago. (EUROPA PRESS) -

A empresa santiaguesa 'Nanogap', formada por un grupo de novos investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), converteuse en pioneira mundial na aplicación industrial da nanotecnoloxía.

En concreto, esta spin-off dedicada ao estudio de materiais cun tamaño "50.000 veces inferior ao grosor dun cabelo", como as nanopartículas metálicas magnéticas e os clústeres cuánticos atómicos (AQSc), consolidouse tamén como a primeira empresa española que produce estes elementos, segundo explicou a integrante de 'Nanogap' Tatiana López.

De feito, este grupo participa actualmente con outros investigadores europeos nun proxecto de desenvolvemento de biosensores fluorescentes a partir do clúster do ouro, material os "átomos do cal adoptan diferentes propiedades ao traballar cun tamaño tan reducido", segundo aclarou López.

Así, por exemplo, a partir destes biosensores poderíase chegar a detectar enfermidades ·como a hepatite C ou o cancro se mama", ou ben conseguir avances nas áreas de "biomedicina, novos materiais e novas enerxías", ás que se dirixen os seus estudios, explicou López.

Para a súa formación, 'Nanogap' contou co apoio do programa Empresa-Concepto e cun capital risco facilitado polo prigrama Unirisco, dúas iniciativas da USC para fomentar a investigación e a incorporación ao mundo laboral dos investigadores.

Así mesmo, a través destes programas, o grupo coñeceu as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e acolleuse ao programa Emprendedores que o instituto xestiona, segundo apuntou López. Grazas a iso, o seu plan de negocios foi galardoado co primeiro premio do VI concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC e do premio de Ideas da Fundación Jove, organizado por Una Galicia Moderna.