A CORUÑA 17 Jun. (EUROPA PRESS) -
A Escola de Finanzas da Coruña, co patrocinio de Bolsas e Mercados Españois (BME), puxo en marcha unha páxina web na que se analizan as compañías de pequena e mediana capitalización, que a 31 de decembro de 2007 estaban a cotizar no Mercado Continuo da Bolsa Española e non formaban parte do Ibex 35.
Esta Guía Online, que tamén conta cun apartado específico para os índices que as representan, supón "un importante paso adiante no traballo que veu desenvolvendo nos últimos dous anos a Escola de Finanzas xunto coa Bolsa Española", segundo consideraron fontes da Escola.
As principais características da web www.medcapbolsa.com son a duplicidade de idiomas, ao poder acceder en castelán e inglés; o seu contido, cunha ficha de cada unha compañías onde se recolle quen é a compañía, a quen pertence, cuales son os seus produtos, os seus mercados e as súas finanzas, ademais da evolución do valor na Bolsa e os seus principais ratios; a concentración destes contidos ao recollerse nun só lugar unha información que ata agora estaba dispersa ou, simplemente, non existía; e as fontes utilizada que son exclusivamente oficiais.