Feuga incentiva a organización da innovación nas empresas galegas

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 22 octubre 2008 19:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA 22 Oct. (EUROPA PRESS) -

A Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) incentiva a organización da innovación nas empresas desta comunidade coa planificación de novas accións formativas encamiñadas a potenciar a cualificación de directivos, xerentes, consultores, investigadores e profesionais en xeral.

Este organismo, en colaboración coa Dirección Xeral de I+D+i da Xunta, planificou ata finais de novembro seis novas actividades docentes centradas nos coñecementos, ferramentas e técnicas de proxección da I+D+i nas pymes.

O primeiros dos cursos desenvolverase mañá e o venres baixo o título de 'Xestión de proxectos europeos de I+D+i', sobre o manexo dos sistemas de control de axudas e fondos europeos, tipos de proxectos e estratexias para a súa preparación e presentación.

A próxima semana, o día 30 de outubro, Feuga celebrará un segundo seminario sobre a 'Fiscalidade da I+D+i', onde se incidirá ademais de nos incentivos fiscais nas axudas que se materializan en fondo perdido ou en créditos reembolsables ao 0 por cento de interese ou a un tipo bonificado.

O 3 de novembro a aposta formativa continúa con outra xornada, 'Mercadotecnia da innovación. Como rentabilizar a I+D+i', que persegue mellorar a capacidade das empresas para estimar o potencial comercial dunha tecnoloxía ou produto innovador. A actividade da Aula Feuga completarase cos talleres en xornadas de mañá 'Fiscalidade para empresas'.

Estas accións formativas impartiranse na sede central da Fundación en Santiago, a matrícula da cal está aberta e conta con prazas limitadas.

Contenido patrocinado