O Igape destina 40 millóns a axudas para facilitar a inversión de microempresas, pymes e emprendedores

Actualizado: sábado, 2 junio 2007 14:52

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), en colaboración con sociedades de garantía recíproca galegas--Sogarpo e Afigal--e unha vintena de entidades financeiras, destinarán 40 millóns de euros á creación de tres novas liñas de axuda para facilitar os investimentos das microempresas, as pymes e os emprendedores.

Así, segundo destacou hoxe o Igape, a primeira liña de axudas para microempresas incorpora como principal novidade aos xa coñecidos microcréditos a vantaxe de ser compatibles con outras fontes de financiamento. Nesta liña os créditos, por un importe máximo de 25.000 euros terán prazos de cinco anos e un xuro fixo, de entrada, do 4,25%. Estes microcréditos poderán cubrir ata o 1oo% dos investimentos.

As segunda liña de axudas contará co aval das sociedades de garantía recíproca é a denominada Peme Xove, para facilitar a inversión inicial dos novos emprendedores que inicien a súa actividade empresarial ou de empresarios con menos de dous anos de actividade.

Así mesmo, a terceira liña denomínase Peme Competitiva, para pymes con maior antigüidade que invistan na mellora da competitividade. Nos dous últimos casos, os créditos tamén serán compatibles con outras axudas e a contía poderá oscilar entre 25.000 e 120.000 euros.

O convenio estipula que o volume total das tres liñas ascenderá a 40 millóns de euros repartidos nun grupo de 20 millóns para as microempresas, e 10 millóns para casa unha das liñas de emprendedores e mellora da competitividade.