SANTIAGO DE COMPOSTELA 30 May. (EUROPA PRESS) -
A Consellería de Traballo adicará ao longo deste ano unha partida total dun millón de euros da que se beneficiarán máis de 30 empresas e un centenar de traballadores que participen en Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT).
Segundo indicou hoxe este departamento nun comunicado de prensa, esta axuda "dinamizará a vocación emprendedora" das empresas e incorporaranse as directrices acordadas pola Unión Europea (UE) na Estratexia de Lisboa.
Así, con estes fondos xestionaranse proxectos empresariais innovadores e tamén se propiciará a transferencia de coñecementos creados nas universidades e centros de investigación, froito doutros proxectos de innovación.
Así mesmo, esa consellería impulsou a configuración dunha rede específica formada por equipos especializados, que inclúe axentes de emprego con especialización en 'Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica', persoal consultorio de apoio e o Comité de IEBT.