Máis do 20% das micropemes galegas teñen páxina web e o 19% comercializan directamente a través da rede

Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 16 junio 2007 20:44

SANTIAGO DE COMPOSTELA 16 Jun. (EUROPA PRESS) -

O presidente da asociación de novas tecnoloxías Ineo, Jorge Cebreiros Arce, indicou hoxe que o 22% das micropemes galegas -- empresas con menos de 10 empregados-- contan cunha páxina web e que o 19% realiza as súas vendas directamente a través da web, o que sitúa o desenvolvemento tecnolóxico da pequena empresa galega na media do Estado español.

Así o aseguraron hoxe na Semana Verde de Galicia Jorge Cebreiros e o asesor do conselleiro de Innovación e Industria, Antonio Pérez Casas, quen tamén indicou que a implantación das novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) depende do sector no que se encadre a compañía, ademais da dimensión do equipo de traballadores.

Na conferencia 'Internet para o autónomo e as pemes' Pérez Casas recordou que os obxectivos do plan estratéxico para a sociedade da información son "concienciar ás empresas e subvencionar as actuacións" que se desenvolvan neste ámbito.

Por outra banda, tamén se revelaron usos concretos da rede nun ámbito nacional e que demostraron que o 65% das empresas españolas de ata cinco empregados teñen internet e que o 86% nas pemes de ata nove traballadores. Ademais constatouse o incremento da participación dos usuarios a través da carga e descarga de arquivos, de servizos de televisión á carta, ou coa creación de blogs.

Contenido patrocinado