Norvento vaticina que Galicia terá parques de aproveitamento da enerxía de ondas mariñas en tres anos

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 7 junio 2007 17:05

VIGO 7 Jun. (EUROPA PRESS) -

O presidente da empresa Norvento, Pablo Fernández Castro, vaticinou hoxe que as costas galegas poderán contar, nun prazo duns tres anos, con parques de aproveitamento enerxético das ondas mariñas, aínda que recoñeceu que a súa posta en funcionamento depende de decisións da Administración máis que das propias iniciativas empresariais.

Fernández Castro explicou, en declaracións aos medios durante o acto de inauguración da Feira Internacional das Enerxías Alternativas e Medio, Enernova, que se celebra estes días en Vigo, que o sector da enerxía mariñar é un sector "pioneiro e por desenvolver".

Así mesmo, insistiu nas súas vantaxes xa que, ao contrario que a denominada enerxía mareomotora, que pode ter impacto ambiental, o aproveitamento da enerxía das ondas achega vantaxes no contexto do cambio climático, axuda a reducir o CO2 e é unha "enerxía autóctona".

O presidente de Norvento, unha das empresas que participa no feira Enernova, sinalou que as costas de Lugo e A Coruña, e en menor medida Pontevedra, "teñen recursos moi importantes" neste campo. Así mesmo, insistiu en que esta enerxía das ondas mariñas produce importantes aproveitamentos e a situación dos seus aparatos non é ríxida senón flexible.

Contenido patrocinado