O número de ocupados en sectores de alta tecnoloxía en Galicia en 2006 ascendeu a 71.000 persoas

Actualizado 09/04/2008 15:55:28 CET

OVIEDO/SANTIAGO, 9 Abr. (EUROPA PRESS) -

O número de ocupados no conxunto dos sectores de alta tecnoloxía en Galicia en 2006 ascendeu a 71.000 persoas, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatísticas (INE) recollidos por Europa Press, polo que se sitúa en sexto lugar entre as comunidades que tiveron o maior rexistro.

As autonomías que tiveron o maior número de ocupados no conxunto dos sectores de alta tecnoloxía foron Cataluña e Comunidad de Madrid con 386.100 (11,3 por cento) e 291.800 (9,8 por cento) persoas, respectivamente.

Así mesmo, seguíronlle a Comunidat Valenciana (132.000 persoas), o País Vasco (124.000), Andalucía (123.000), Galicia (71.000), Castilla y León (66.000), Aragón (60.000), Navarra (34.000), Castilla-La Mancha (32.000) e Murcia (27.000)

No conxunto nacional, os sectores de alta tecnoloxía empregaron 1,44 millóns de persoas no ano 2006, o que supón o 7,3 por cento do total de ocupados da economía española.

En canto ao número de ocupados nos sectores manufectureiros de tecnoloxía alta ascendeu 179.900 persoas, mentres que os de tecnoloxía media-alta empregaron 732.800, respectivamente. Respecto, aos servizos de alta tecnoloxía, alcanzaron os 536.400 persoas.

Galicia Innova