Sae á venda a "primeira televisión do mundo" con catro cores primarias "máis próxima" á visión humana

A tecnoloxía Quattron reproduce dunha forma "máis exhaustiva" a tonalidade de elementos como o ouro ou o turquesa do mar

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 30 abril 2010 19:29

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Abr. (EUROPA PRESS) -

O Grupo Cenor presentou hoxe en Santiago "a primeira televisión do mundo" que reproduce catro cores primarias, trátase unha pantalla de Sharp con LED panorámico que conta con tecnoloxía Quattron. Ata agora, o sistema de reprodución do espectro cromático das pantallas convencionais estaba baseado no vermello, verde e azul (RGB); polo que esta innovación suma a cor amarela (RGBY) para conseguir máis dun billón de cores.

En declaracións a Europa Press, o director comercial de Cenor, Francisco Fernández, subliñou que "despois de 50 anos" nos que o mundo da televisión reproducía todo o croma de cor a través do sistema baseado en tres cores, por "primeira vez" inclúese o amarelo para ver cores que "ata agora non eran posibles".

A xeito de exemplo, Fernández sinalou que hoxe en día un televisor convencional "non pode reproducir" a cor do ouro, senón que tan só se emite "coma se fose amarelo". Así, con esta novidade tecnolóxica poderanse reproducir dun xeito "máis exhaustiva" unha maior cantidade de cores como o turquesa do mar.

Esta tecnoloxía permite percibir unhas cores "moito máis ricas e reais", xa que a visión humana é capaz de percibir "infinidade" de matices respecto aos que unha pantalla actual é capaz de reproducir, a tecnoloxía Quattron permite un espectro "máis próximo" á visión humana.

A PARTIR 40 POLGADAS

As dificultades para levar á práctica este sistema producen que, por agora, este tipo de dispositivo tan só se comercialice en televisores de 40 polgadas ou máis, xa que por debaixo dese tamaño "non é viable", segundo remarcou Fernández.

Durante as próximas dúas semanas, este televisor poderase adquirir en exclusiva a nivel estatal nos diferentes establecementos da empresa Cenor e Star Center.

Contenido patrocinado