O sector audiovisual galego reflexiona na Coruña sobre as innovacións tecnolóxicas

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 24 abril 2007 18:36

A CORUÑA 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

A introdución das innovacións tecnolóxicas é un dos parámetros que máis demanda formativa formula, para dar resposta a esta necesidade celebrouse hoxe na Coruña o seminario 'Especialización en dereito audiovisual para profesionales', impartido polo avogado José Antonio Suárez.

Este seminario, que contou coa presenza dunha vintena de profesionais do sector audiovisual, forma parte do ciclo 'Capital Humano' organizado polo Clúster Audiovisual Galego, en colaboración con IGAPE e a Obra Social de Caixa Galicia, que se estenderá ata o próximo mes de xullo.

O ciclo, estruturado en seis sesións que abordarán de xeito monográfico temas de actualidade do sector, diríxese ao colectivo de profesionais do sector audiovisual, que en Galicia son máis de 2.300. O obxectivo, segundo a organización, é contribuír a que a industria audiovisual galega teña "os profesionais máis solventes e cualificados", conformando equipos "cun perfecto equilibrio" entre xestores, técnicos e artistas, capaces de explotar a potencialidade do sector".

O Clúster Audiovisual Galego ten asociadas 46 compañías que, por sectores, se dividen en 25 dedicadas á produción do cinema en televisión, tres ao equipamento de material audiovisual, unha oferta o servizo de vendas e comercialización internacional de produtos audiovisuais, outra fundación dedicada ás tecnoloxías da información e as comunicacións e, por último, a delegación n Galicia da entidade de Xestión de Dereitos de Produtores Audiovisuais.

Contenido patrocinado