Actualizado 03/06/2007 14:58 CET

Unha empresa galega deseña un captador solar térmico, ecolóxico e eficiente adaptado ao clima da rexión

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Jun. (EUROPA PRESS) -

A empresa de Cambados OCV sacará ao mercado proximamente o captador solar térmico 'Reisol', de alta eficiencia enerxética e de fabricación ecolóxica que está adaptada ás condicións ambientais da rexión galega e que, debido ao seu deseño "innovador e manexable" será apto para a súa instalación en vivendas, almacéns, fábricas instalacións deportivas e colexios.

A Consellería de Innovación informou hoxe da subvención deste produto cunha partida de 175.000 euros, e que supuxo a continuación do traballo do departamento de I+d+i da empresa Inelsa, de traxectoria no campo das enerxías, a instalación e a enxeñaría. Este novo produto será presentado na próxima feira de enerxías renovables ENERNOVA, que terá lugar no Recinto Feiral do Ifevi, a partir do próximo 6 de xuño.

Segundo indicou o director xerente de OCV, Javier Moreno, este novo produto emprega as tecnoloxías "máis avanzadas e os materiais máis innovadores", pero ademais, para desenvolver o captador, planificouse unha xestión integral que optimizará os beneficios da comercialización.

Neste sentido, Inelsa realizou un estudio de mercado sobre o sector das enerxías renovables en Galicia, que concluíu que os galego demandarán novas tecnoloxías eficientes en enerxía solar, unha área emerxente nesta comunidade.

Non obstante, ante as variacións climáticas, os deseñadores do proxecto apuntaron que se tiveron en conta as variacións do a radiación soar, das temperaturas, dos ventos e da humidade, todos eles factores que interveñen no rendemento do captador 'Reisol'.