Unha empresa galega lanza ao mercado a primeira solución integral de teletraballo baseada en software libre

Actualizado: lunes, 7 diciembre 2009 20:57

OURENSE, 7 Dic. (EUROPA PRESS) -

A empresa Conexiona Telecom, que desenvolve a súa actividade no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), en Ourense, acaba de lanzar 'Telwork', o primeiro paquete integral de solucións para teletraballo baseado nunha plataforma de software libre.

O directivo da empresa José Antonio Losas resaltou que con este programa se pode trasladar "por completo" o posto de traballo ao domicilio. Conexiona negocia agora cun grupo de telecomunicacións de ámbito estatal interesado na distribución do produto.

Con esta aplicación, segundo dixo, poderase ter acceso dende o propio domicilio do traballador ás comunicacións ou informacións da súa oficina, como é o caso da telefonía, as bases de datos ou a videoconferencia. Ademais, supón un "grande aforro" de custos e espazo.

A aplicación desenvolveuse baseándose na tecnoloxía IP Asterisk, unha plataforma de software libre que segundo explicaron "supón un investimento moi pequeno".