A USC crea o primeiro sistema que permite coñecer a cantidade de neutróns nas sesións de radioterapia

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 19 abril 2007 19:19

SANTIAGO DE COMPOSTELA 19 Abr. (EUROPA PRESS) -

Investigadores da Universidade de Santiago (USC) desenvolveron o primeiro sistema do mundo que permite coñecer a cantidade de neutróns emitida nas sesións de radioterapia, e que posibilitará reducir as posibilidades de padecer un tumor secundario debido a os tratamento dos pacientes oncolóxicos.

O sistema foi desenvolvido polo Grupo de Investigación en Radiofísica da USC no marco dun convenio de colaboración asinado coa empresa Tecnolóxica.

A iniciativa, desenvolvida dentro do proxecto 'Neutor' da sinatura Tecnolóxica, foi concibida por parte dos investigadores da USC en colaboración coa citada empresa, dedicada á subministración de compoñentes electrónicos para a Axencia Espacial Europea.

O sistema, patentado pola USC en co propiedade con Siemens, recibiu recentemente o primeiro premio de Innovación da Fundación Caja San Fernando, dotado con 100.000 euros.

Segundo indicou a USC, nos tratamentos contra o cancro emítese de xeito adicional unha determinada cantidade de neutróns que afectan aos órganos do corpo do enfermo e que, a longo prazo, poden ser a causa de tumores secundarios. De aí, o equipo de investigadores destacou a importancia deste mecanismo que, segundo explicou, avisará das cantidades prexudiciais para a saúde dos enfermos.

Contenido patrocinado