Vegalsa activa a primeira Plataforma de Loxística Ambiental no sector da distribución galega

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 29 octubre 2008 18:07

SANTIAGO DE COMPOSTELA 29 Oct. (EUROPA PRESS) -

A empresa galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski reforza o seu compromiso coa política ambiental e a sostenibilidad ao activar a primeira Plataforma de Loxística Ambiental do sector da distribución nesta comunidade.

Estará formada por un centro de almacenaxe, reparación, recuperación e reciclado, situado no polígono coruñés de Pocomaco e que serve a todas as plataformas loxísticas e establecementos da rede comercial galega da compañía.

É un proxecto pioneiro en Galicia, nunha superficie de 1.500 metros cadrados distribuídos en dúas plantas, unha superior dedicada a almacén e outra baixa máis orientada ao tratamento da maquinaria e todo tipo de material non food.

O centro recibe, almacena, controla, selecciona, repara ou destrúe convenientemente todo tipo de material inmobilizado proveniente das distintas tendas, dende estantes, cámaras frigoríficas, cestas e carros da compra, paneis illantes, cadros eléctricos, cortadoras de friame, balanzas rexistradoras, ou mesmo caixas de saída.

Para iso, conta cun programa electrónico que permite coñecer, de forma rápida e automatizada, o estado do produto, a súa orixe, o nivel de avaría, diagnóstico e posible destino final deste, de acordo a unha clasificación en cinco categorías segundo tipoloxía: mobiliario de frío, de calor, mobiliario de aceiro, maquinaria e madeiras plásticos, ou outros.

En total está previsto que máis de 160 toneladas ao ano de material sexan tratadas na plataforma de Vegalsa-Eroski, sendo os equipos de frío os que maior porcentaxe ocupan.

Segundo explica o seu responsable, o Enxeñeiro de Organización Industrial Miguel Camacho, o obxectivo da plataforma de loxística ambiental xira en torno ás variables económica e ecolóxica, "nun esforzo por aforrar custos e consumo enerxético, mantendo así un equilibrio na conta de resultados que á súa vez favorece a rendibilidade do negocio".

Miguel Camacho engadiu que tamén se busca que nas tendas "non exista material obsoleto, estragado ou en desuso", polo que se centraliza nesta planta para a súa recuperación e devolución á rede ou a destrución convenientemente cumprindo sempre coas condicións técnicas e de calidade ecolóxica ao derivar os desfeitos a empresas de reciclaxe e a xestores autorizados para tal fin, nunca a vertedoiros incontrolados.

Contenido patrocinado