SANTIAGO DE COMPOSTEla, 9 Oct. (EUROPA PRESS) -
A Consellería de Innovación e Industria convocou a décima edición dos premios Galicia de Investigación 2007 co obxectivo de "recompensar e favorecer" o recoñecemento social do traballo de investigación dos científicos galegos.
O departamento que dirixe Fernando Blanco informou de que a Dirección Xeral de Investigación publicará mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG), os premios Antonio Casares e Rodrigo de Investigación Científico-Técnica, correspondentes aos premios Galicia Investigación.
Innovación indicou que estes premios se crearon en 1998 e na actualidade "constitúen o principal recoñecemento institucional" ao traballo realizado polos investigadores na comunidade galega.
Ademais, subliñou que cada ano, de xeito rotativo, se dedican a unha das grandes áreas da investigación como a social, a científico-técnica, a humanística e a sanitaria. Por este motivo, este ano ten como protagonista á área científico-técnica.
UN TOTAL DE 45.000 EUROS.
A consellería sinalou que os premios están compostos por dúas categorías, a primeira de investigador senior que recoñece toda unha carreira investigadora e que posúe unha dotación económica de 38.000 euros; e a de investigador novo para os científicos que comezan a destacar no seu labor, cun premio de 7.000 euros.
Innovación explicou que a prémioos senior poden optar as persoas que realicen traballos de investigación, polo menos, dende hai vinte anos. Ademais, teñen que ser propostos por algunha institución académico-científica, xa sexa pública ou privada, con personalidade xurídica propia, ou no caso de que sexa por iniciativa propia estarán deberán estar avalados, polo menos, por dez investigadores da área.
No caso do premio novo, poderán optar os científicos que estean a realizar accións de investigación, sempre que non haxan trascurrido un máximo de seis anos dende a presentación da súa tese de doutorado.
En ambas as dúas categorías, os traballos deben estar realizados na área científico-técnica e deben utilizar como referente un investigador de recoñecido prestixio histórico.
A Xunta subliñou que esta edición está dedicada á figura de Antonio Casares e Rodrigo, nacido en Monforte de Lemos, que estudou medicina e farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (USC). O seu prestixio na área da química transcendeu ata o ámbito nacional co seu traballo sobre as augas minerais de Galicia e do Estado.