A Xunta inviste cinco millóns de euros en 331 proxectos de implantación de novas tecnoloxías en empresas

Actualizado: martes, 1 julio 2008 19:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Innovación e Industria destinará un total de cinco millóns de euros a subvencionar a implantación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) en 331 proxectos de empresas galegas.

Así, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), a partida de axudas, que conta este ano cun 66,6% máis de presuposto que o anterior, poderá subvencionar ata o 70% dos investimentos dos proxectos empresariais en novas tecnoloxías.

Do total de proxectos subvencionados, 181 dedicaranse á implantación de aplicacións informáticas baseadas en código aberto, cun presuposto de 2,65 millóns, e outro millón de euros destinarase ás axudas para a mellora da infraestrutura interna.

Así mesmo, Innovación subvencionará 38 proxectos de empresas con actividades específicas no ámbito das tecnoloxías da información e das telecomunicacións e, por último, inverterá 150.000 euros na formación técnica e promoción do sector TIC. 150.000 euros en la formación técnica y promoción del sector TIC.