O 061 de Galicia asiste a 53 persoas por 45 accidentes de tráfico durante esta fin de semana

Archivo - Arquivo - Traballar en festas do Nadal e Fin de Ano: "Máis traballo" para a maioría pero nun ambiente "especial"
URXENCIAS SANITARIAS-061 - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 11 mayo 2026 11:17

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 May. (EUROPA PRESS) -

   O servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 53 persoas por un total de 45 accidentes de tráfico desde as 15.00 horas do venres até as 23.59 horas do domingo.

    O día que se rexistraron máis sinistros foi o sábado, cun total de 23 accidentes de tráfico e, durante a fin de semana, a central de coordinación do 061 recibiu 58 chamadas en relación a accidentes de tráfico.

    As alertas xeraron unhas 45 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061, que atendeu a un total de 53 persoas --o 54% delas eran homes e as 46% mulleres--. Por idades, o 39% dos feridos ten entre 30 e 44 anos.

    A provincia da Coruña foi na que máis sinistros se rexistraron (23); seguida da de Pontevedra (12); na de Ourense houbo un total de seis sinistros; e catro na de Lugo.

    Así as cousas, en 42 accidentes os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e en 11 ocasións foron atendidos no punto.

    Por todo iso, os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 52. As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes; as de soporte vital básico a un total de 41 sinistros; e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, asistiron a cinco accidentes.

Contador

Contenido patrocinado