O 30 de xuño abre o prazo das axudas para comprar vehículos eléctricos e instalar infraestruturas de recarga

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.
XUNTA
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 21 junio 2025 18:01

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Jun. (EUROPA PRESS) -

   A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) do próximo 30 de xuño publicará a convocatoria das axudas do novo Plan MOVES III 2025, que subvenciona a compra de vehículos eléctricos e a instalación de infraestruturas de recarga.

   Lorenzana visitou este sábado VI Feira do automóbil híbrido e eléctrico de Ribeira, onde concretou que este programa de axudas, financiado con cargo aos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), vai contar nesta convocatoria cun orzamento de 19,6 millóns de euros. Segundo dixo, en Galicia, o tres edicións que levan convocado suman 54 millóns de euros de orzamento e 13.743 solicitudes por importe de 73,8 millóns de euros.

   Segundo informou a Xunta nun comunicado, a conselleira lamentou que, a pesar de que o que se lle leva pedindo ao Goberno por parte de comunidades autónomas e sector é un Moves IV que corrixa as deficiencias do actual modelo, "non foi así".

   Nese sentido, contrapuxo a este programa o que convoca a Xunta con fondos propios, o 'Renova o teu vehículo'. Un modelo de axudas que, segundo Lorenza, é aplaudido polo sector, porque é o propio concesionario o que fai o desconto do total a pagar, co cal se resolve a concesión e o pago simultaneamente; é dicir, implica un desconto directo na factura de compra.

   Finalmente, volveu ratificar que a Xunta seguirá traballando da man dos concesionarios para estimular a demanda e promocionar as vendas de vehículos eficientes, porque tamén é necesario actuar neste último o es da cadea para impulsar unha transición xusta no sector, concluíu.

Contenido patrocinado