SANTIAGO DE COMPOSTELA 2 Jul. (EUROPA PRESS) -
O 50,44% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes no segundo trimestre, mentres o 49,56% faio con dificultade (43,27%) ou moita dificultade (6,29%), segundo a enquisa conxuntural a fogares que publica este mércores o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Con respecto ao trimestre anterior, produciuse un aumento de 4,43 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita finalidade a fin de mes.
Mentres, diminuíu 2,04 puntos a taxa dos que chegan con moita dificultade e baixaron 2,39 puntos os que o fan con dificultade.
Con respecto ao segundo trimestre de 2024, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade aumenta 4,48 puntos porcentuais.
A porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes diminúe 0,94 puntos entre ambos os períodos e o dos que presentan moita dificultade cae 3,53 puntos.
O 15,01% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra no tres últimos meses. O 29,21% cambiou os seus hábitos de compra optando por marcas brancas, produtos en oferta, etcétera e esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos neste período.
Ademais, o 13,21% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns, como roupa e calzado, transporte, gas, electricidade, etcétera, excepto alimentación.
O 42,24% dos fogares galegos ten pensado aforrar algo de diñeiro no próximos tres meses, o 49,01% facer algún extra en produtos de alimentación, o 73,66% saír a cear, a cafetarías, ir ao cinema e ao teatro e o 22,66% facer fronte a imprevistos ou grandes compras.
O 12,47% está a pagar a vivenda principal na que habitan, o 8,13% o coche e o 2,94% unha segunda vivenda. Cae 4,26 puntos a porcentaxe de fogares que está a pagar a súa vivenda habitual.