ADOS chama a doar sangue, especialmente dos grupos A+ e 0+, que presentan reservas baixas

Archivo - Arquivo - Autobús da ADOS pide doazóns de sangue galegos
AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: martes, 15 noviembre 2022 18:32

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Nov. (EUROPA PRESS) -

   A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento á cidadanía ante a necesidade de sangue dos grupos A+ e 0+, que contan con reservas baixas.

   ADOS explicou que as reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que ven necesario reforzar o chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade.

   Así, lembrou que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.

   Nunha nota de prensa, sinalou que en determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non ocorre o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que necesitan os centros sanitarios. Por iso, "é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns", polo que ADOS solicita "un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue".

   As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán estes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns necesarias que garantan o desenvolvemento dos centros sanitarios de Galicia.

   Entre os lugares nos que estarán nos próximos días: Ferrol, Santiago, A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, O Saviñao (Lugo) ou Val do Dubra (A Coruña).

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado