Ángeles Vázquez lamenta a "desprotección" do gandeiro coa paralización cautelar do TSXG do réxime do lobo

Archivo - Arquivo - A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático,  Ángeles Vázquez, nunha rolda de prensa na Consellería.
XUNTA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 12 junio 2025 13:41

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Jun. (EUROPA PRESS) -

   A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, lamentou que, após a paralización cautelar do réxime do lobo decretada polo TSXG, non se poderá levar a cabo "ningún tipo de xestión" e o gandeiro "quedará desprotexido".

   Así se expresou a responsable autonómica en Melide, onde explicou que o equipo xurídico da Xunta está a analizar "en profundiad" o decreto.

    Con todo, sinalou que o galego é o único Tribunal Superior de Xustiza que toma esta decisión. "Creo que lles falta contexto. A nivel Europa, decidiuse rebaixar a protección, e hai unha semana tamén no Congreso cos votos dos distintos grupos políticos", explicou.

   Apuntou ademais que xa trasladaron toda a información ao Ministerio, "que contestou que a situación do lobo era favorable". "O que non se pode pretender é que Galicia albergue a todos os lobos de toda España", apostilou.

    "Estou convencida de que imos recorrer. Galicia non pode ter un comportamento distinto ao que ten Cantabria ou Asturias", afirmou Ángeles Vázquez.

    A conselleira lembrou que en Galicia morren 10 reses ao día de media e que, aínda que ofrecen todo tipo de axudas, "tamén para a prevención", pero sinala que hai zonas que, "por ser singulares", son imposibles de protexer, como é o caso da Capelada, con cabalos salvaxes.

   "Espero que unha vez achegada a documentación, o resultado sexa beneficioso. Pero agora todas as solicitudes que hai encima da mesa, quedan paralizadas polo menos ata que acabe xullo", explicou.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado