As confrarías galegas instan a Europa a "reconsiderar" a baixada de orzamentos porque a pesca "está en xogo"

Barco pesqueiro, pesca en Canarias
CONSEJERÍA CANARIA DE PESCA
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 17 julio 2025 15:05

SANTIAGO DE COMPOSTELA 17 Jul. (EUROPA PRESS) -

A federación galega de confrarías de pescadores insta a Europa a "que reconsidere" a baixada de orzamento para o sector, ao advertir de que o seu futuro "está en xogo".

Nun comunicado asinado polo seu presidente, José Antonio Pérez Sieira, as confrarías galegas reciben "con extrema preocupación" a noticia relativas ao período 2028-2034.

"Preocupación polo que pode supor para o desenvolvemento de actividades fundamentais para o sector como son as actuacións de rexeneración nas rías ou proxectos básicos de mantemento das comunidades pesqueiras", advirte.

Neste contexto, piden aos negociadores españois "que defendan á pesca e ao marisqueo" para "poder profundar" no desenvolvemento do sector e dos "miles de empregos" que dá o mar en Galicia.

Ademais, a federación apunta que na visita da semana pasada "xa se lle expuxo a necesidade de seguir apoiando tanto ao marisqueo a pé como a pesca artesanal en xeral" ao comisario europeo de pesca. "A baixada do orzamento vén significar todo o contrario", critica.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado