FERROL 3 Sep. (EUROPA PRESS) -
A xunta xeral universal extraordinaria de Reganosa, prevista para esta mañá, non se chegou a celebrar, segundo aseguraron fontes da compañía a Europa Press, por non estar presente a totalidade dos accionistas, un requisito obrigatorio neste tipo de convocatorias.
A gasera rexeitou concretar que empresa ou empresas faltaron á reunión, na que a Xunta e o Grupo Tojeiro ían exercer o seu dereito de tenteo coa súa participación na regasificadora (do 10% e 18%, respectivamente) para asegurar a manter polo menos un 51% das accións en mans galegas.
Precisamente, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o conselleiro delegado do Grupo Tojeiro, Roberto Tojeiro, anunciaban esta mañá este movemento conxunto que aspiraban a "materializar" este venres para evitar a venda da participación de Endesa (21%) a un fondo de investimento australiano, Colonial First State.
En todo caso, mantense a convocatoria de xunta xeral extraordinaria prevista para o 20 de setembro, atendendo aos prazos establecidos e fixados con anterioridade.