Bernardo Fernández chama aos socialistas coruñeses a ampliar os "resultados históricos" das municipais de 2019

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva; o alcalde de Pontedeume e líder provincial, Bernardo Fernández; o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; e a deputada autonómica Noa Díaz, quen competiu en primarias con Bernardo Fernández
PSDEG
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 19 febrero 2022 14:34

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, foi proclamado este sábado como novo secretario provincial do PSOE da Coruña, no IX Congreso Provincial, no que chamou aos seus a ampliar os "resultados históricos" obtidos polos socialistas nas municipais de 2019.

   "Temos que como mínimo que revalidar os resultados históricos das municipais de 2019, onde alcanzamos por primeira vez máis alcaldías que o Partido Popular incluídas as das grandes cidades e da presidencia da Deputación", sostivo na súa intervención na cita política celebrada en Santiago de Compostela.

   Bernardo Fernández considerou que o PSOE coruñés ten que "ambicionar" alcanzar aínda "máis alcaldías" e "máis concelleiras e concelleiras". "Porque esa vitoria nas eleccións municipais será a mellor garantía dunha sociedade moito máis xusta e de poder aplicar ese ideario socialista que nos diferencia e fainos mellores que aqueles que entenden a política que como algo que está ao seu servizo", sostivo.

   E é este será, dixo, "o mellor alicerce" no que pór base ao cambio que necesita Galicia após "anos de retroceso e de parálise do PP". "E ese cambio estou convencido que vai chegar da man de Valentín González Formoso no ano 2024 cando sexa presidente da Xutna", subliñou.

   Neste IX Congreso Provincial os socialistas coruñeses fixarán as normas internas que rexerán á formación o próximos catro anos, así como o relatorio político que definirá a súa forma de actuación. Ademais, elixirase á dirección que acompañará a Bernardo Fernández na dirección o partido na provincia.

Artículos Relacionados

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado