O BNG urxe á Xunta a declaración do Museo Carlos Maside como BIC, cuxo trámite caduca o 1 de agosto

Esta é tamén unha reclamación de entidades culturais e de memoria histórica, que se reúnen este luns para estudar medidas

Archivo - Museo Carlos Maside, situado en Cerámicas ou Castro, Sada
AYUNTAMIENTO - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 20 julio 2025 18:54

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O BNG súmase á reclamación de entidades culturais e de memoria histórica para urxir á Xunta a declarar Ben de Interes Cultural (BIC) ao Museo Carlos Maside, antes de que o expediente caduque o próximo 1 de agosto.

   A través dunha resolución do 1 de agosto do 2023, a Xunta incoou o procedemento para outorgar o título a este espazo, que á súa vez forma parte dun complexo arquitectónico en Sada (A Coruña) que acolle a fábcrica de Cerámicas Ou Castro. A disposición publicado polo Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle que, en caso de non resolverse nun prazo de dous anos, o trámite caducará.

   O inmoble, concibido polos intelectuais galeguistas Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo en 1970, alberga no seu interior importantes obras de autores como Castelao, Laxeiro ou Lugrís.

   "Sería unha irresponsabilidade gravísima que o PP non declarase BIC ao Museo Carlos Maside despois de iniciar o procedemento hai case dous anos", criticou a portavoz de Cultura do BNG no Parlamento, Mercedes Queixas, nun audio remitido aos medios.

   A formación nacionalista manifestou que "non" vai permitir un "novo borrado da historia". Segundo sinalou Queixas, o PP xa se negou nun primeiro lugar a declarar BIC todo o conxunto de Cerámicas Ou Castro: "Agora parece que se lle fai moito dar a máxima protección a unha parte do proxecto".

ASOCIACIÓNS ESTUDAN MEDIDAS

   A colectivos Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH), Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Asociación Cultural Eira Vella e a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo xa fixeran pública semanas atrás a súa "preocupación" pola paralización do procedemento.

   "O asociacionismo cultural e memorialista reclama historicamente a máxima protección para o Museo Carlos Maside, que tamén un lugar de memoria, como así o repetía o seu fundador Isaac Díaz Pardo", esixen a través dun comunicado.

   Estas agrupacións convocaron este luns a todas aquelas persoas e entidades interesadas nesta cuestión a unha reunión ás 19.30 horas no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na Coruña. O encontro ten como fin estudar medidas para esixir á Xunta finalizar o trámite en cuestión.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado