A borrasca Claudia deixa máis dun centenar de incidencias de noite en Galicia: caída de árbores e inundacións

Ventos de 132 quilómetros por hora en Cervantes e choivas acumuladas de 79 litros por metro cadrado en Santa Comba

Archivo - Arquivo - Desbordamento do río Miño, a 28 de xaneiro de 2025, en Lugo, Galicia (España). A borrasca Herminia provocou numerosas desfeitas en Galicia e aínda que a situación empeza a mellorar, nas últimas horas mantéñense afeccións no tráfico f
Carlos Castro - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 12 noviembre 2025 10:31

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Nov. (EUROPA PRESS) -

   A borrasca Claudia deixou máis dun centenar de incidencias na noite entre o martes e mércores en Galicia, aínda que sen danos persoais.

    Segundo informa o 112 Galicia, a maioría das intervencións dos equipos de emerxencias estiveron relacionadas coa caída de árbores, tendido eléctrico e postes, así como inundacións en estradas, garaxes e vivendas.

   As provincias de Pontevedra e A Coruña rexistraron a maior cantidade de incidencias, con 62 e 53, respectivamente, entre a tarde do martes e até as primeiras horas deste mércores.

   O 112 Galicia rexistrou un incremento de incidencias na circulación debido á presenza de árbores, cables ou postes nas vías, así como bolsas de auga e inundacións puntuais nas estradas, en garaxes e vivendas. En total, suman 144 incidencias en Galicia debido ao efecto da choiva e o vento.

   Especialmente, nas últimas horas do martes notouse unha subida nas intervencións dos equipos de emerxencias en concellos das Rías Baixas, como Vilagarcía e Vilanova de Arousa (9 e 4 incidencias), que afrontaron situacións relacionadas inundacións.

    Dentro da provincia de Pontevedra, de momento a máis afectada, o concello de Vigo tamén rexistrou un número elevado de intervencións (15) coa mesma casuística.

   Na provincia da Coruña, contabilizáronse 53 incidencias, principalmente en municipios de litoral como Carballo, Muxía, Outes ou Ribeira.

   As provincias de Lugo, con 22, e Ourense, con sete son as que rexistraron menor número de incidencias.

MÁXIMAS

   Unha nova xornada de influencia da borrasca Claudia deixa máximas de ventos de 132 quilómetros por hora en Cervantes (Lugo) e choivas acumuladas de 79 litros por metro cadrado en Santa Comba (A Coruña).

   Meteogalicia indica que a fronte asociada á borrasca moverase "moi lentamente cara ao leste" durante este mércores. O vento sopra forte durante a mañá e baixará lentamente pola tarde.

   Entre as 20,00 do martes e as 8,00 horas deste mércores deixou acumulacións de choivas destacadas durante 12 horas no oeste da comunidade.

   Todo iso nunha xornada de mércores con gran parte de Galicia en alerta amarela por vento e choiva. Meteogalicia tamén activou un aviso laranxa ao oeste da provincia da Coruña por acumulacións de 80 litros por metro cadrado en 12 horas.

Contenido patrocinado