Rosa Veiga - Europa Press
OURENSE, 12 Ago. (EUROPA PRESS) -
Varios brigadistas municipais resultaron feridos tras sufrir queimaduras nun incendio forestal rexistrado o concello ourensán de Oímbra que segundo as últimas estimacións calcina unha superficie de ao redor de 80 hectáreas.
En concreto, o lume orixinouse na parroquia da Granxa. Tal e como confirmaron a Europa Press fontes de Medio Rural, os bombeiros feridos pertencen á brigada municipal e acudiron como voluntarios a colaborar nos labores de extinción.
Todo iso nun contexto no que a Xunta mantén activada a situación 2 de emerxencia en toda a provincia de Ourense, por grandes incendios que, no seu conxunto, calcinan máis de 4.500 hectáreas.