CC.OO. "está a preparar" un recurso ante "a tropelía" do decreto das caixas e estuda como canalizalo ante o TC

Fernández Toxo
CCOO
Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 12 marzo 2011 17:19

A CORUÑA 12 Mar. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral de Comisións Obreiras (CC.OO), Ignacio Fernández Toxo, asegurou que o seu sindicato "está a preparar" a posibilidade dun recurso contra o decreto lei de recapitalización das caixas de aforro, para o que "se está a ver de qué xeito canalizalo ante o Tribunal Constitucional e evitar que esa tropelía remate por consumarse".

En declaracións aos medios, Fernández Toxo destacou que CC.OO. non participará este domingo na manifestación en defensa do aforro galego, que terá lugar en Santiago, porque foi decidida de "forma unilateral" pola CIG e o BNG, aínda que fixo fincapé en que "preocupa o futuro das caixas, e das caixas galegas en particular".

"Somos moi críticos co decreto aprobado polo Goberno porque supón unha discriminación seria entre bancos e caixas en esixencias de capital, xa que se establecen de forma diferenciada para uns e para outros", censurou Fernández Toxo.

Así mesmo, dixo "non estar de acordo" con "ese proceso de bancarización", ao que, segundo sinalou, apuntan as caixas de aforro, "de maneira que perdan a súa natureza xurídica e o papel de obra social determinante para o territorio".

Contenido patrocinado