Un centenar de persoas concéntranse para apoiar a flotilla con destino Gaza, que partirá este domingo

Unha nena na concentración en apoio á flotilla, en Santiago
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 12 abril 2026 13:43

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Abr. (EUROPA PRESS) -

   Un centenar de persoas, concentráronse en Santiago para mostrar o seu apoio á nova misión humanitaria da Global Sumud Flotilla que partirá desde o porto de Barcelona este domingo, 12 de abril.

    Esta foi unha das mobilizacións convocadas por Global Sumud Galiza nas localidades galegas, que comezaron este pasado sábado e alargaranse até o luns. Paralelamente a Santiago, cidades como Vigo, A Coruña e Lugo sumáronse a esta mostra de solidariedade con Gaza.

    Na capital galega, un grupo de nenos abriron a marcha, portando barcos de cartón con frases de apoio á poboación palestina e bandeiras. Os manifestantes partiron da Praza do Toural, rodeando a Praza de Galicia para posteriormente percorrer o Centro histórico até a Praza das Praterías.

   Previamente ao comezo da marcha, a portavoz da plataforma en Galicia, Ánxela Gippini, denunciou ante os medios o alto ao lume "inexistente" na franxa de Gaza, xa que continúan os ataques no territorio.

   "Temos que seguir denunciando que Palestina continúa ocupada, que Gaza continúa asfixiada, que onte denunciaron a situación de fame pola expulsión das organizacións que alí traballaban. Este foco sempre é polas compañeiras que van a flotilla, pero a flotilla é por Palestina", proclamou.

   Ao chegar a Praterías, realizouse a lectura dun manifesto, no que denunciaron o "bloqueo ilegal e ilexítimo" do territorio gazatí, así como o "silenciamiento mediático" dos últimos meses, reforzado coa "agresión imperialista a Irán e ao Líbano".

    Neste contexto, a nova misión da flotilla -- na que participan 10 galegos -- dirixirase para tratar de abrir un corredor humanitario que rompa o "status quo da ocupación" e proporcionar axuda á poboación civil.

"SISTEMA DE SAÚDE DESTRUÍDO"

   A mobilización estivo secudanda por distintas plataformas, entre as que se atopa Sanidade Galega por Palestina. Santi González, pertencente á mesma, explicou que entre as cousas que levarán a Gaza están materiais sanitarios de todo tipo, xa que o "sistema de saúde palestino está destruído".

   "Loxicamente, o que máis nos preocupa desta destrución do sistema sanitario palestino son as desigualdades en saúde e as barbaridades que se están cometendo contra a poboación de Palestina", sinalou.

   Por iso, a través da flotilla tratarase de dar apoio, fornecendo, entre outros aveños, medicamentos de todo tipo ou material para suturas e cirurxías. Ademais, dentro das embarcacións viaxarán sanitarios para poder ofrecer "axuda directa".

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado