Citado a declarar un activista propalestino de Ferrol investigado por publicar "contido antisemita" en redes

Archivo - Manifestantes portando bandeiras palestinas durante un paro parcial con motivo da folga xeral por Palestina, a 15 de outubro de 2025, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España).
Adrián Irago - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 8 enero 2026 18:41

   A CORUÑA, 8 Ene. (EUROPA PRESS) -

   O activista propalestino Bruno Lopes foi citado a declarar o próximo 10 de marzo en calidade de investigado por un suposto delito de discriminación polo contido de varios tuits que a Garda Civil considera "antisemita" e "incitador ao odio".

   Esta citación parte dunha denuncia de oficio realizada polo Grupo de Información da Comandacia da Coruña en 2024, segundo comprobou Europa Press, que derivou na incoación de dilixencias xudiciais. Así, o militante do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes terá que acudir ao Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol na data sinalada.

   "Nin un só día sen desexar a destrución do Estado sionista. Unha nova matanza máis, un novo episodio do xenocidio máis permitido pola chamada comunidade internacional", reza un dos tuits de Bruno Lopes, publicado en maio de 2024. "Imos ser claros 'Do río ao mar' só ten un significado e si claro que é a desaparición do Estado nazi-sionista de Israel. E?", di outro.

   Lopes, que apunta que son até oito as mensaxes recompiladas pola Garda Civil, alude a unha "intención de confundir os termos 'antisionismo' e 'antisemitismo'" e de "banalización do termo" para "evitar calquera tipo de crítica ao ente sionista".

   Precisamente, o colectivo Mar de Lumes publicou un comunicado en redes sociais baixo a lema 'Non ás montaxes policiais!' no que acusa á Garda Civil de "restrinxir a liberdade e o medo" e reafírmase no seu "repudia á existencia do Estado sionista de Israel".

APOIO DE BNG E FERROL EN COMÚN

   Tras transcender a noticia en redes, o activista propalestino recibiu o apoio de forzas políticas. O BNG, cunha mensaxe no seu perfil de 'X', cualificou o sucedido de "persecución política" por parte da Garda Civil. "Denunciar o xenocidio en Palestina e o réxime de ocupación israelí non é un delito, é un mínimo democrático", escribe a formación nacionalista.

   Pola súa banda, Ferrol en Común, nun comunicado remitido á prensa, mostrou a súa solidariedade con Lopes e demandou o arquivo do procedemento, que considera "inxusto". "Non se trata de condenar a un pobo, senón ao sionismo covarde que masacró á poboación civil indefensa de Gaza", engade.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado