SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Jul. (EUROPA PRESS) -
A Consellería do Medio Rural deu por controlado o incendio forestal iniciado o mércores en Lalín (Pontevedra), que afecta a unhas 80 hectáreas.
De acordo coa última actualización, o lume que afecta á parroquia de Maceira quedou controlado ás 9.13 horas deste xoves.
O incendio iniciouse ás 13.07 horas do mércores e, até o momento, foron mobilizados tres técnicos, 12 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, tres pas, tres unidades técnicas de apoio, sete helicópteros e seis avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio.
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento 900 815 085.